Procede de Ordes a familia Amigo de Sigüeiro?
Pois... non, pero si tivo unha gran relación co noso concello.

E a pesar daqueles 15 fillos de Baldomero hoxe case non
quedan rastros do apelido no concello de Val do Dubra!
Pero quen máis nos interesa é o seu irmán
maior Celestino Amigo Oreiro
(1858-1935) que foi un personaxe moi importante no distrito a principios do
século XX. Celestino foi avogado e político (militou no Partido Conservador) e
en ambos os dous campos destacou: chegou a ser xuíz en Ordes (1900) e deputado
provincial tres veces. Tamén foi candidato a Cortes nalgunhas ocasións (en 1898
estivo cerca pero non resultou elixido). Nunca abandonou do todo Val do Dubra,
concello que manexou 22 anos, onde tiña
a súa mansión, "a Quinta de Faxón" na parroquia de San Vicente de
Niveiro, pero tamén posuía unha casa (que por certo sufriu un incendio en 1904)
en Ordes, centro político e xudicial do distrito. Ademais tiña diversos
negocios: unha botica no Toural de Santiago (inaugurada en 1897), un serradoiro
en Ordes...
Casou con Mª Concepción Iglesias Rápela (os Rapelas era unha familia de posición
e todas as fillas casaron con xente importante, deste xeito Celestino estaba
emparentado politicamente cos Concheiro
e os Liñares).
Faleceu en outubro de 1935 e o seu enterro foi o máis concorrido e espectacular que nunca
se vira no Val do Dubra.
O matrimonio tivo 6 fillos: 3 homes (Celestino,
Juan e Manuel) e 3 mulleres (Concepción, María e Antonia). Como era habitual na
época unha deles, Concha, morreu aínda nena en 1899. Tamén Celestino morreu
novo en 1925.
Juan Amigo Iglesias
(1896-1967), foi un dos varios avogados que había en Ordes. Participou
en política e chegou a ser deputado provincial e ata alcalde accidental en
1925. Curmán do médico Antonio Concheiro Iglesias, foi detido con el unha vez nos
tempos da República. Vivía en Alfonso Senra onde agora está o edificio de 10
pisos coa súa muller e curmá (3ª filla do seu tío Baldomero) María
Luisa Amigo Lera coa que tivo 7 fillos, que son os que se criaron en Ordes.
A pesar de residir case toda a vida na nosa
vila nunca esqueceu o seu lugar de orixe na parroquia de Niveiro onde está
soterrado.
Os seus dous fillos maiores asentáronse en
Sigüeiro. Celestino (1934-1995),
casado con Celia Liñares Piñeiro, foi secretario do Concello de Oroso. Juan Luis (1936-2018), o 2º, dedicouse á medicina e
casou con Elena Ferreiro Gasamáns, filla do fogueteiro da Sionlla, coa que tivo
dous fillos: Malena e Juan Luis.
Celsa, Concepción e Mª Luisa son mestras, Mª
Teresa é licenciada en filosofía e Mª Purificación auxiliar de
Telecomunicacións.

Manuel Amigo Iglesias foi médico en Monfero,
Baños de Molgas e finalmente en Narón. Casou en 1949 con Encarna Lorenzo
González-Alegre, filla dun xeneral de artillería. Morreu na Coruña 9 anos
despois en 1958.
O 2º, José Manuel Piñeiro Amigo (1938-2021), logrou o que non puido o seu avó: ser deputado nas
Cortes de Madrid. En 1969 comezou o seu labor como secretario do
Concello de Ordes que se prolongou máis de 2 décadas. Logo instalouse en
Santiago.
Antonia Amigo Iglesias (m.1982) casou co
médico dubrés Gerardo Antelo Rodríguez (n.1910) con que viviu en Rial (Val do
Dubra). Non tiveron fillos.
Hola! Estaba intentando encontrar la historia de una casa y las búsquedas me llevaron a este blog! Me quedé enganchada! Muchísimas gracias por este trabajo! Me quedé con ganas de más sobre la familia Amigo!
ResponderEliminarAgradecido por el comentario. Un saludo.
Eliminarsi tienes mucho interes pùedo facilitarte casi todo el arbol genealogico desde 1800 hasta hoy
ResponderEliminarPois non teño intención de publicar máis cousas sobre a familia Amigo, pero nunca se sabe. Toda información é ben recibida. Se non che supón moito esforzo, gustaríame que mo mandaras. Un saúdo.
Eliminar